Enfócate

Unha iniciativa única de formación en Galicia e Europa

A segunda edición de Enfócate está apiques de comezar. En breve estarán listas as MasterClasses para que vos poidades anotar.

O día 10 de decembro de 2025 vémonos no segundo Enfócate, un encontro con máis de 700 alumnos e profesorado de Galicia.

O día 26 de novembro ás 12 h abriranse as reservas dos cursos, cada curso contará con prazas limitadas.

Enfócate: Unha Iniciativa Única de Formación en Galicia e Europa

Enfócate nace como unha iniciativa educativa sen precedentes, froito da colaboración entre o sector privado e a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. Este proxecto, que xorde da expansión e evolución de FotoEscola, busca ofrecer formación de calidade no ámbito da fotografía e das artes visuais, converténdose nun referente en Galicia e en Europa.

Con un enfoque innovador e práctico, Enfócate céntrase en proporcionar aos participantes ferramentas, coñecementos e experiencias que impulsen o seu desenvolvemento profesional no mundo visual. Este proxecto contará con MasterClasses de alto nivel, dirixidas por expertos recoñecidos, para que os estudantes teñan acceso a formación avanzada e técnicas de vangarda.

O 11 de decembro de 2024 celebrarase o primeiro encontro de Enfócate, marcando o inicio dun espazo de aprendizaxe único. Os estudantes e o profesorado terán a oportunidade de enriquecerse nun entorno de innovación e colaboración que promove a excelencia.

Este esforzo conxunto entre a empresa privada e a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional reflicte un compromiso compartido coa educación e o desenvolvemento de talento en áreas clave. Mantente atento ás inscricións para as MasterClasses e forma parte do cambio na formación visual en Galicia.